Colegio Plurilingüe Jesús Maestro 981 351 318
23
ABR
2020

¡CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DO LIBRO!

Este xoves, 23 de abril, celebramos o “Día do libro”. No noso colexio todos sabemos o importante que é ler para enriquecernos en todos os sentidos; e dende a nosa casa, imos facer un montón de actividades para seguir promovendo a lectura.

Este ano, Manuel Gago é o referente da literatura galega elixido para a conmemoración deste día. Agasallou ás Bibliotecas Escolares de Galicia cun texto sobre o libro e a lectura. Esta é unha das súas frases:

«Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín».

No seguinte enlace podedes ver o cartel e o texto completo: Cartel día del libro 2020

Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!

Que mellor para celebralo que ler un libro?

FELIZ DÍA!