Colegio Plurilingüe Jesús Maestro 981 351 318
11
MAR
2019

Unha antiga alumna cóntannos a súa experiencia laboral

O pasado venres 1 de marzo, e dentro do programa de Orientación Académica e Laboral, visitounos unha antiga alumna, Amaia Agulló Foces, para contar a súa experiencia académica e laboral ao alumnado de 3º e 4º ESO. Informou aos grupos da posibilidade de acceder a distintos graos universitarios a través do Exército, xa que ela é Tenente Médica das Forzas Armadas. Os rapaces e rapazas estiveron moi interesados e fixeron moitas preguntas.

Moitas grazas pola visita Amaia!