Colegio Plurilingüe Jesús Maestro 981 351 318
29
NOV
2019

Aprendendo fóra da aula.

O noso alumnado de 3º e 4º ESO participou no X Obradoiro e Concurso Galego de Robótica que se celebrou no IES Ramón Menéndez Pidal na Coruña. A experiencia consistiu en aprender, dun modo lúdico, os conceptos básicos da programación e resolver unha pequena colección de problemas de robótica na fase do concurso.

Obradoiro de robótica

Tamén, visitamos a sede central do xornal «La Voz de Galicia». Fixemos un percorrido pola redacción do diario, a planta de impresión, o almacén de papel e, finalmente, o Museo.

Planta de impresión «La Voz de Galicia»

Por último, visitamos a exposición do fotógrafo Norman Parkinson na «Fundación Barrié de la Maza» e participamos no taller «Tecnoloxía entre Costuras para a Moda do Futuro»Nesta actividade, axudados de dispositivos dixitais educativos, creamos os nosos propios accesorios de moda interactivos.

Taller de moda interactiva

var adonde="https://www.jesusmaestrodiscipulas.org“;