No noso centro tivo lugar o acto de entrega dos premios da II Peregrinación Escolar do Camiño Inglés e Xacobeo. Fomos os encargados de organizar o acto ao ser o centro da escolar gañadora do nivel máis alto. Contouse coa presenza do Delegado da Xunta en A Coruña, Gonzalo Trenor, a Concexala de Benestar Social do Concello de Ferrol, Eva Martínez; a Presidenta da Fanpa de Ferrol e Comarca, Patricia Pérez e o delegado de Gadisa en Ferrol, José Carlos Díaz. Todos eles foron os encargados de entregar os premios aos gañadores.
A nosa alumna foi a que obtivo o premio do nivel avanzado, unha tarxeta regalo por valor de 400 euros (ou un iPad ou PS5) e unha tarxeta por importe de 300 euros para o noso centro educativo. A encargada de recibilo foi Consuelo Domínguez e a anfitriona do acto foi a nosa directora, Mª Pilar Pazos.
Noaraboa a todos!!