- Formación Dixital é un programa formativo para obter a capacitación en competencias dixitais intermedias que a Xunta de Galicia ofrece á cidadanía. Comezou o 24 de outubro de 2024 e estenderase ata o 2026, poderán participar nel todas as persoas que teñan cumpridos os 14 anos.
- É totalmente gratuíto, 100% en liña e 100% titorizado.
- Ten unha duración máxima de 10 semanas (250 h.) pero cada persoa pode facer a formación ao seu ritmo.
- Ademáis é unha formación moi práctica, con vídeos, contido interactivo, sesión grupais de acompañamento e hai un tutor que leva o control de toda a formación. O alumno terá unha guía práctica para levar o temario. O contido estará en galego e castelán.
- Ao finalizar a formación recibirá un diploma acreditativo da formación completada, emitido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta de Galicia.
- E tamén ofrece a preparación necesaria para optar á obtención do ComDix.
*Para facer a inscrición hai que entrar a través da páxina web www.formaciondixital.gal e ir ao apartado de inscrición https://formaciondixital.gal/gl/inscricion/
Se teñen calquera dúbida, pódennos consultar sen problema no teléfono móvil 681 053 179 ou no correo electrónico info@formaciondixital.galFolleto Formación Dixital