Colegio Plurilingüe Jesús Maestro 981 351 318
15
MAY
2017

Proxectoterra 2º a 4º da ESO

Os días 9 e 10 de maio os alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO viviron un estupendo intercambio territorial en Quiroga, O Courel e os canóns do Sil. Foron experiencias didácticas moi intensas visitando o museo xeolóxico e o museo etnográfico de Quiroga, algúns dos lugares e aldeas mais singulares do Courel como o Val das Mouras ou o castro da Torre e rematando nun paseo en catamarán polos canóns do Sil.

O Proxectoterra é un proxecto de cooperación co mundo da educación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e cofinanciado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, dirixido ás distintas etapas da educación obrigatoria co obxectivo de colaborar no proceso de construción do coñecemento que os escolares de Galicia deben ter da nosa Arquitectura e da nosa Identidade Territorial.

var adonde="https://www.jesusmaestrodiscipulas.org“;